Iogur con Froitos do Bosque
O noso particular combinado de iogur con bagas e froitos do bosque para que os comas ás culleradas
Se aínda non coñeces o noso Iogur con Froitos do Bosque e Leite de Pastoreo, non agardes máis! Unha sobremesa cremosa cun cóctel de amoras, amorodos, arandos, bagas de sabugueiro e framboesas. Todo o poder dos froitos vermellos co noso inconfundible iogur, tan rico como feito na casa
- Valores medios por 100grs
- Valor Enerxético:373KJ (89Kcal)
- Grasas:3,3 g
-
- do cal
- Saturadas: 2,2 g
- Hidratos de carbono:11,3 g
-
- do cal
- Azucres: 11,0 g
- Proteinas:3,5 g
- Sal:0,1 g
- Calcio:120mg (15% VRN)

Un pracer silvestre
O Iogur con Froitos do Bosque é un tributo a ese sabor silvestre das tardes de verán tardío da nosa nenez, collendo amoras cos amigos. Por iso a amora é o froito que predomina no noso Iogur con Froitos do Bosque. Unha saborosísima combinación!
Un antollo de cores e sabores
Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo certificado de Galicia; leite de vacas que pastan en liberdade en grandes herbeiras co que elaboramos o noso Iogur con Froitos do Bosque. O noso iogur, se cadra, con máis cores e sabores: amoras, arandos, amorodos, bagas de sabugueiro e framboesas. Que máis se lle pode pedir?