Manteigas

Manteiga Tradicional

Descubre o sabor e textura únicos da nosa Manteiga Tradicional Larsa, elaborada seguindo a receita tradicional, que consiste en bater a crema do leite ata obter esta delicia dourada. Ideal para elaborar as túas sobremesas caseiras ou enriquecer o teu almorzo da maneira máis natural.

A manteiga é un alimento rico en vitaminas e graxas cunha tradición milenaria. En Larsa contamos co mellor leite, a materia prima ideal coa que elaboramos a nosa manteiga tradicional utilizando a receita de sempre: bater a nata do noso leite ata lograr a consistencia ideal. Se aínda non probaches esta delicia suave e dourada, descubre o noso segredo: a fórmula que converteu a manteiga tradicional de Larsa na máis vendida das que se producen en Galicia.

Manteiga tradicional

O complemento perfecto para os almorzos de toda a familia

Sabor inconfundible e garantía Larsa

Un produto cun sabor inconfundible, a garantía de calidade de Larsa e a textura perfecta, tanto para o seu consumo en cru, nun almorzo enerxético, como para elaborar as túas mellores receitas de pratos doces e salgados.

A manteiga é un dos alimentos tradicionalmente asociados á dieta do norte de Europa, nomeadamente ás zonas de produción láctea, pola facilidade da súa elaboración caseira a partir da nata do leite. Trátase dun ingrediente rico en vitaminas A, D, E, B12 e K2 e en minerais, coma o iodo, que contribúen a un mellor funcionamento do metabolismo.

Ideal para…

Todas estas propiedades fan da manteiga tradicional un compoñente ideal para darlles sabor ás torradas do almorzo ou da merenda de toda a familia e, especialmente, dos máis pequenos e dos adultos con estados carenciais.

A Manteiga Tradicional de Larsa é perfecta, ademais, para engadila na preparación de todo tipo de pratos doces ou salgados. En mollos, cremas, biscoitos, tortas e outras sobremesas, ou para aderezar gratinados ou verduras asadas ou cocidas ao vapor. Proba con Larsa e descubre o toque dun sabor suave e inconfundible: o sabor da manteiga líder da nosa terra.

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros. Si sigue navegando por la página, significa que está de acuerdo y acepta nuestra Política de cookies.