Iogures bífidus con Leite de Pastoreo
Os nosos iogures con bífidus están pensados para enriquecer a túa alimentación diaria e recuperar o equilibrio interior sen renunciar ao auténtico sabor dos iogures Larsa. Esta gama de iogures está composta por 4 variedades diferentes: bífidus natural, bífidus natural desnatado, bífidus con abelás e bífidus con cereais. Escolle o teu e empeza a coidarte!
Iogur Bífidus con Cereixa
Aprovéitate de todos os beneficios para a túa saúde con este delicioso e nutritivo iogur
Iogur Bífidus con Mandarina
O mellor dos nosos iogures con Leite de Pastoreo, agora con Bífidus para reforzar a túa microbiota intestinal
Iogur Bífidus sabor Vainilla
O noso iogur máis demandado, agora, para todos aqueles que buscan o equilibrio
Iogur Bífidus natural desnatado
Coida a túa flora intestinal e a túa liña coa cremosidade do iogur elaborado con Leite de Pastoreo
Iogur Bífidus natural
O sabor do iogur natural de sempre cun extra que axuda a coidar a túa flora intestinal
Iogur Bífidus con abelás
O iogur perfecto para coidarte e encherte de enerxía
Iogures elaborados con leite de pastoreo de Galicia
A nosa selección de iogures Larsa con bífidus está elaborada con leite 100 % galego e de pastoreo! Larsa é a primeira marca con leite de pastoreo certificada por SGS S.A. O leite de pastoreo é leite de vacas que gozan en liberdade dos pastos e que só consomen alimentos naturais.
Todos os nosos gandeiros contan cun caderno de pastoreo no que anotan os nomes das vacas que saen a gozar da liberdade das verdes herbeiras galegas e en que pradería pastan. As nosas vacas viven felices e, a cambio, recompénsannos cun leite delicioso. Con ese leite de calidade superior preparamos para ti os mellores iogures.