Leites de Pastoreo Larsa
Como tomas o leite? Só, con cereais, con café, frío... Hai miles de formas de consumilo, pero todas elas son boas para ti. Por iso che ofrecemos o noso Leite de Pastoreo máis natural, que procede de vacas que se crían ao aire libre. O alimento máis completo e auténtico para que te coides, como queira que o tomes.
En Larsa temos leite para todos os gustos e necesidades alimenticias, para que desfrutes do seu sabor sen renunciar a nada. Leite enteiro ou con menos graxa, como o semidesnatado ou desnatado, pero con todo o sabor do Leite de Pastoreo.
.
Leites Tradicionais de Pastoreo
Enteiro, Semidesnatado ou Desnatado, o noso Leite Tradicional de Pastoreo Larsa é un referente para os xenuínos #Larseiros, esas familias que cada día almorzan, comen, merendan ou cean connosco, desde fai 4 xeracións, fieis ao sabor único de Larsa.
Un leite natural, 100% galego, ...
Leite de Pastoreo Larsa Máis
En Larsa sempre innovamos para darche máis; máis produtos e máis sabor; o sabor tradicional do Pastoreo, e agora tamén máis nutrientes. Así é o noso Leite Larsa Máis, o único Leite de Pastoreo rico en calcio, proteína e vitamina D que atoparás no teu supermercado. Leite de vacas que pastan en lib...
Leite de Pastoreo Enteiro
100 % galego, obtido de ganderías de tamaño medio e producido por vacas que se crían ao aire libre.
Leite de Pastoreo Larsa Máis
O Leite de Pastoreo Larsa Máis enteiro ten un sabor extraordinario a leite de toda a vida, pero ademais axúdache a coidar da saúde dos teus ósos e músculos. Aínda non o probaches?
Leite galego 100 % e de Pastoreo
En Larsa temos claro que se algo é bo, é mellor deixalo como está. Fieis a este principio, envasamos un leite obtido polo método natural e tradicional que se seguiu sempre en Galicia: o pastoreo. O Leite Larsa é 100% galego, producido polas vacas de explotacións de tamaño medio que pastan a diario nas zonas produtoras da nosa comunidade.
Esta é a base da nosa fórmula para lograr que o Leite de Pastoreo Larsa saiba como o leite clásico, o de toda a vida. É un produto de alta calidade, de corpo consistente e unha gran textura, que deixa bigote! Un leite que segue a tradición dos nosos case 100 anos de vida.