Leite Semidesnatado en botella 1,5l

Todo o sabor do Pastoreo sen renunciar a coidarse
O leite tradicional Semidesnatado Larsa agora en botella de 1,5 litros, nun formato cómodo para toda a familia, reúne tódalas características que fan único o noso leite pero coa metade de graxa que o leite enteiro.

Respecto ao novo formato de botella, facilita o seu almacenamento e consegue manter o leite en perfecto estado na neveira durante máis tempo. Ademais, vén nun novo lote de 4 unidades para adaptarse a tódolos consumidores.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:190KJ (45Kcal)
  • Graxas:1,55g
    • das cales
    • Saturadas:1,0
  • Hidratos de carbono:4,65g
    • dos cales
    • Azucres:4,65g
  • Proteínas:3,15g
  • Sal:0,1g
  • Calcio:120mg (15% VRN)
Leche semidesnatada de vaca

Leite con certificado de Pastoreo

Goza do sabor, corpo e textura do leite tradicional Larsa sen renunciar a coidarte cun leite semidesnatado de calidade. Porque Larsa é a primeira marca de Leite de Galicia con certificado de Pastoreo, avalada polo selo SGS, entidade líder en inspección e verificación.

Sabor auténtico, menos calorías

Esta certificación garante que as nosas vacas gozan dunha alimentación natural, a dos pastos galegos, e que pastan libremente durante todo o día. Así obtén Larsa o mellor leite semidesnatado de Galicia. Un leite de sabor auténtico, tradicional, pero con menos calorías.

818