Leite Desnatado

O Leite 0% que sabe a leite de verdade
E ti, como tomas o leite? Só, con cereais, con café, frío… Hai milleiros de formas de tomalo, pero todas elas son boas para ti. Por iso, ofrecémosche o noso Leite tradicional máis natural, que provén de vacas que pastan en liberdade. O alimento máis completo e auténtico para que te coides, de calquera forma en que o tomes
  • Valores medios por 100ml
  • Enerxía:144 KJ (34Kcal)
  • Graxas:0,25g
    • das cales
    • Saturadas:0,17g
  • Hidratos de carbono:4,7g
    • dos cales
    • Azucres:4,7g
  • Proteínas:3,2g
  • Sal:0,1g
  • Calcio:120mg (15% VRN)
Leche desnatada de vaca
Leches_desnatada@2x

100% Galego

O segredo do noso sabor auténtico é manter as cousas como están, porque o que é bo é mellor non cambialo demasiado. E a alimentación natural das nosas vacas, nos mellores prados de Galicia, con auga e espazo suficiente e complementos naturais colleitados polos nosos gandeiros, é o que fai que Larsa sexa a primeira marca de Leite co certificado de Pastoreo por SGS, entidade líder en inspección e verificación.

Sen graxa e baixo en calorías

En Larsa levamos case 100 anos sen faltar á nosa cita diaria coa alimentación das familias de Galicia. Por iso ofrecémosche un produto da máis alta calidade, o leite desnatado co sabor e corpo máis intenso. Pásate a Larsa, ao Pastoreo de Galicia e goza do noso Leite Desnatado tradicional, sen graxa e baixo en calorías pero con todo o calcio do enteiro: 120 mg en cada vasiño de 100 ml, o 15% da cantidade diaria recomendada a un adulto para un adecuado funcionamento metabólico.

1223