Leite Enteiro en botella 1,5l

O auténtico sabor do Pastoreo en formato botella
O Leite tradicional Enteiro Larsa en botella de 1,5L obtense de vacas que pacen en liberdade nos pastos galegos, durante polo menos 6 horas ao día e gozan dunha alimentación totalmente natural. Este sistema tradicional de produción permite que as vacas coñezan a liberdade e o pasto libre, por iso grazas ao Pastoreo poderás gozar do auténtico sabor e a cremosidade da leite de toda a vida.

Este novo formato de botella é moi cómodo: ten tapón de rosca, antigoteo e de fácil vertedura, para aproveitar ata a última pinga.
A nova botella enteira de Larsa, ademais de conter o noso leite de toda a vida, é un envase reciclable. Tíraa ao colector do lixo amarelo!
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:264 KJ (63 Kcal)
  • Graxas:3,6 g
    • das cales
    • Saturadas:2,4 g
  • Hidratos de carbono:4,6 g
    • dos cales
    • Azucres:4,6 g
  • Proteínas:3,1 g
  • Sal:0,1 g
  • Calcio:120 mg (15% VRN)
Por todo iso, Larsa é primeira marca de Leite con certificado de Pastoreo de Galicia, avalada por SGS, entidade líder en inspección e verificación.

Un alimento san e natural

Con esta materia prima de excepcional calidade, tan só sometida a tratamentos térmicos para garantir a seguridade alimentaria, envasamos o noso Leite tradicional Enteiro, un leite de sabor intenso e un corpo consistente, como o do leite de sempre.

Leite fiel á tradición das explotacións medianas de Galicia, con entre 15 e 100 vacas de leite, que destacan polo seu método tradicional, os seus coñecementos de gandería e manexo dos pastos transmitidos de xeración en xeración, dende hai case 100 anos. Un leite 100% galego, un produto saudable que tamén favorece o desenvolvemento do medio rural da nosa comunidade.

Propiedades nutricionais únicas

O leite enteiro tradicional Larsa ten propiedades nutricionais únicas. A alimentación natural das vacas e a alta calidade de vida da que gozan fai que produzan leite cunhas características especiais.

Un alimento completo para toda a familia que contén o 15% das cantidades diarias recomendadas de calcio nun único vaso de 10 ml. Goza do sabor Larsa, vai ao Pastoreo de Galicia e descubre un delicioso leite enteiro, tanto quente como frío, só ou con café, cereais ou cacao.

1484