Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa

O noso queixo decano é unha referencia da tradición gastronómica coa garantía da D.O. Arzúa-Ulloa
O queixo Galego con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa de Larsa é un queixo único, manteigoso, cargado dese sabor auténtico e tradicional de Galicia. En Larsa coñecémolo ben porque é o noso produto decano, co que empezou a actividade da nosa marca en 1933; o primeiro Queixo de Arzúa elaborado de forma profesional
  • Valores medios por 125g
  • Enerxía:1515KJ (386Kcal)
  • Graxas:32,0g
    • das cales
    • Saturadas:
  • Hidratos de carbono:0,5g
    • dos cales
    • Azucres:
  • Proteínas:19,0g
  • Sal:1,7g
  • Calcio:500mg (63% CDR)
Leche entera pasteurizada de vaca, sal, cuajo, endurecedor (cloruro cálcico), fermentos lácticos (leche), Recubrimiento de corteza: acetato de polivinilo y conservador (E-235)
Ulloa_3d

Un sabor xenuíno de Galicia

O Queixo con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa de Larsa, é un queixo madurado que mantén ese aroma lácteo tan característico e esa textura cremosa que, en canto o abres, tende a dilatarse e a estenderse máis alá dos seus límites. A que xa tes gana de probalo?

Perfecto para combinar con doce ou salgado

O Queixo Galego con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa de Larsa ten ese sabor que recorda á manteiga e un celme lixeiramente picante, tan típico dos queixos galegos de Arzúa-Ulloa. E como moitos queixos galegos, é ideal para combinar con doce ou salgado. Só, con marmelo, con anchoas ou para cociñar. Desfruta del!

794