Nata para Montar
Con todas as propiedades para lograr un montado perfecto para calquera sobremesa
A Nata para Montar Larsa posúe a cremosidade e todas as propiedades necesarias para conseguir o montado perfecto co que acompañar e decorar as túas sobremesas. Unha nata insuperable que debes manter por baixo de 5 ºC antes de traballala. Tíralle todo o partido á Nata para Montar Larsa e goza do seu sabor.
- Valores medios por ración: 125g
- Valor Enerxético:1385KJ (336Kcal)
- Grasas:35,1g
-
- do cal
- Saturadas: 23,7g
- Hidratos de carbono:3,1g
-
- do cal
- Azucres: 3,1g
- Proteinas:2,0g
- Sal:0,1g

Con todo o que necesitas para triunfar
Que mellor acompañamento que a nata montada para unha sobremesa a base de froitas, flan, ou para decorar os teus pasteis? A Nata para Montar Larsa ten todas as características para conseguir un montado consistente e tan duradeiro como necesites para a túa receita.
A mellor crema do leite
A Nata para Montar Larsa está elaborada coa mellor crema do noso leite. Unha nata que contén un 35 % de materia graxa, a cantidade xusta para conseguir o montado adecuado. Gárdaa ben fría na neveira e descubre unha nata deliciosa, coa garantía de calidade de Larsa.