Receita tradicional de Orellas de Entroido

Unha desas sobremesas galegas de Entroido que espertan a tolemia

Notas de interese / Consellos

A receita de Orellas de Entroido ten algún que outro segredo para que saian verdadeiramente triscantes. Por exemplo, deixar repousar ben a masa e estendelas ben para facelas ben finiñas. Á hora de fritir, podes utilizar o aceite que desexes, aínda que hai ‘cocinillas’ que prefiren neste caso o de xirasol porque dá menos sabor ás orellas. Bótalle o azucre glas cando as orellas teñan arrefriado.

Alérxenos

Leite Glute Ovo
Tradicionais Orellas de Entroido

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

En Larsa somos moi larpeiros e encántanos preparar receitas e compartilas contigo para que goces da cociña e descubras o sabor diferencial das sobremesas elaboradas con Leite de Pastoreo. Sabemos que aos nosos queridos #Larseiros encántanlles todos os postres típicos destas datas, polo que decidimos preparar a mellor receita de Orellas de Entroido para que goces do Entroido en toda a súa dimensión. Explicámosche paso a paso a receita para que non te perdas.

Casca e verte os ovos sen bater nun bol e rela sobre eles a pel do limón, con coidado de non chegar á parte branca

Mestura a fariña peneirada co levedo e o sal e bótaa aos poucos sobre os líquidos, mentras removes cunha espátula de madeira ou silicona. Se ves que queda demasiado dura, podes engadir unha cullerada máis de leite

Cando remates coa fariña, terás unha masa consistente que poderás traballar coas mans, así que… Imos aló

Estende a masa sobre o mesado, ben cuberto de fariña e amasa para mesturalo todo. É recomendable que o fagas por espazos de 5 a 8 minutos e deixes repousar a masa uns 10 máis antes de repetir o proceso, polo menos unha vez máis

Cando remates, a masa debe estar compacta e algo húmida ao tacto pero sen que se pegue aos dedos. Envólvea nun pano limpo e déixaa repousar 1 hora a temperatura ambiente

Corta pequenos anacos de masa do tamaño dunha noz e estende cun rodete ata facelas o máis finas posibles, antes de fritilas. Se quedan pegadas ao rodete ou ao mesado, podes humedecer todo cun pouco de aceite

Á hora de fritir, utiliza unha tixola ampla e co aceite quente pero sen que chegue a fumexar. Vai fritindo as orellas polos dous lados con coidado de que non se queimen porque se fan moi rápido. Coas primeiras controlarás a temperatura ideal

Colócaas sobre un papel de cociña absorbente a escorrer antes de servilas nunha fonte. Cando remates, decora con azucre glas. Verás como a gozan os teus convidados!

1377