Batido de amorodo
A merenda ou almorzo ideal para os días de calor
Notas de interese / Consellos
Amorodos, Leite de Pastoreo e iogur, pódese pedir máis para unha merenda perfecta? Que se poida beber! Para esta receita recomendámosche que utilices amorodos de tempada, como os que podes conseguir no verán e mesmo podes conxelar, ben secos nunha bolsa sen aire para gozar deles todo o ano. Ademais, se usas amorodos conxelados, o teu batido será máis cremoso. Con amorodos ben maduros e doces podes reducir a cantidade de azucre da receita a 80 gramos. Se es intolerante á lactosa, podes empregar o Leite Semidesnatado sen Lactosa Larsa e os Iogures sen Lactosa sabor Amorodo Larsa e gozar da receita.
Alérxenos
Lactosa
Que produtos Larsa precisas para facer a receita?


Ingredientes
- 1 litro de Leite de Pastoreo Enteiro Larsa frío
- 400 g de amorodos de tempada
- 100 g de azucre ou 80 g de mel
- 2 Iogures Sabor Amorodo Larsa