Iogur sabor Amorodo

Un iogur coa textura perfecta do iogur con Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo que non te deixará indiferente
O máis sublime dos iogures de amorodo cun corpo inimitable. Se aínda non coñeces o Iogur de Amorodo con Leite de Pastoreo Larsa, éche hora de descubrilo. Porque o iogur con sabor a amorodo de Larsa combina á perfección o toque ácido do iogur co doce sabor a amorodo. Próbao! Repetirás
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:342KJ (81Kcal)
  • Graxas:2,3 g
    • das cales
    • Saturadas:1,6 g
  • Hidratos de carbono:11,4 g
    • dos cales
    • Azucres:11,4 g
  • Proteínas:3,7 g
  • Sal:0,1 g
  • Calcio:120 mg (15% VRN)
Leche parcialmente desnatada, azúcar, leche en polvo desnatada, aroma de fresa, colorante (E-120), fermentos lácticos (leche)
Yogur-sabor-fresa-3D-10-02-2020_WEB

Un dos nosos tradicionais

O Iogur de Amorodo con Leite de Pastoreo Larsa forma parte da gama de iogures tradicionais Larsa dende hai moooito tempo. Varias xeracións de galegos coñéceno ben, porque mantemos a mesma fórmula e receita dende hai máis de 20 anos.

O noso segredo, o Leite de Pastoreo

E cal é o segredo desa fórmula sempre gañadora? A materia prima: elaborar os iogures de amorodo con Leite de Pastoreo Larsa, de vacas que saen cada día aos mellores pastos de Galicia, como sempre se fixo na nosa terra. Porque se algo é bo, para que cambialo?

1300