Receita de galletas tipo Maruxas

Todo un símbolo da tradición e a cultura galega!

Notas de interese / Consellos

A nosa receita de galletas tipo Maruxas inspírase nas pequeñas e douradas galletas tradicionais que naceron na comarca de Ferrolterra e que foron a merenda de moitas xeracións de rapaces galegos. A súa elaboración artesanal e o seu sabor inconfundible convertéronas en todo un símbolo da tradición e a cultura galega. A súa receita é moi sinxela e ten como resultado un produto exquisito que se consegue con tres ingredientes de alta calidades: nata, azucre e fariña. Hoxe en día seguen elaborándose a man, mediante un proceso artesanal que case non require maquinaria, conservando así a receita tradicional que se fixo sempre.

Alérxenos

Lácteos, glute

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 250 ml de Nata para montar Larsa 
  • 160 g de azucre moreno de cana 
  • 40 g de azucre branco 
  • 250 g de fariña de trigo 

Elaboración

Verte a nata para montar ben fría nun bol amplo e engade o azucre moreno de cana e o azucre branco.

Bate a mestura utilizando un batedor de varas manual ou eléctrico ata formar unha masa cunha textura similar á manteiga.

Incorpora a fariña aos poucos, e cando non poidas seguir coas varas, intégraa na masa coa axuda das túas mans.

Segue amasando toda a mestura coas mans ata que a masa se desprenda con facilidade das paredes do bol.

Prequenta o forno a 180º.

Divide a masa en bólas do tamaño dunha noz para conseguir as galletas perfectas.

Coloca as porcións nunha fonte cuberta con papel de forno e esmágaas lixeiramente coa man, deixando pola metade o seu grosor e non importando a súa forma, convertendo así cada galleta en única. Non haberá dúas iguais!

Introduce a fonte na parte media do forno e enforna durante 20 minutos a 180º.

Saca as galletas do forno e deixa que se arrefríen enriba dunha reixa.

E listo! Xa tes as túas galletas tipo Maruxas perfectas para acompañar o teu café despois da comida.

706