Receita de Panettone Larseiro: Ideal para este Nadal!

A sobremesa á que ninguén será capaz de resistirse nestas datas

Notas de interese / Consellos

Para elaborar un panettone perfecto é crucial usar as cantidades xustas de fermento e deixar levedar durante varias horas para que a masa alcance o volume necesario. É un proceso parecido ao de elaboración da Rosca de Reis! Pero neste caso, a masa ten que crecer máis. A pregunta máis difícil… De pasas ou de chocolate? Adáptao aos teus gustos seguindo o paso a paso desta receita tan Larseira!

Alérxenos

Glute, lactosa, ovo

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 100  ml Leite Enteiro  Larsa
  • 30 g fermento fresco de panadeiro
  • 3 ovos
  • 550 g fariña de forza
  • 120 g Azucre
  • 3 g sal
  • 160 g Manteiga Tradicional  Larsa
  • 80 ml auga
  • Pel de limón e de laranxa
  • 100 g de confeitos
  • 75 g uvas pasas (opcional)
  • Pebidas de chocolate (opcional)

Elaboración

Comezamos esta receita mesturando nun bol o leite tépedo e o fermento ata que se integren ben os ingredientes.

Engadimos 130 gramos de fariña e 20 gramos de azucre e removemos.

Cando teñamos unha masa homoxénea, tapamos o bol con papel filme e deixamos levedar durante polo menos unha hora.

Cando pase o tempo, retiramos o papel filme e agregamos os ovos, sal, auga, a pel de laranxa e limón e o resto do azucre e fariña.

É hora de amasar! Comezamos no bol e logo sobre unha superficie. Non é necesario enfariñar, xa que haberá que amasar durante uns 30 minutos para conseguir unha masa elástica.

Engadimos a manteiga cortada en pequenos anacos e ímola incorporando á vez que amasamos.

Unha vez pasado ese tempo, conseguiremos a masa que estabamos a buscar: elástica e brillante. Facemos unha bóla con ela e metémola dentro dun bol que taparemos cun pano de cociñar e deixaremos levedar durante 2 horas e media.

Pasado o tempo, introducimos as uvas pasas (ou o chocolate, depende dos teus gustos) e os confeitos ao noso panettone e seguimos amasando para que se integren ben na masa ata formar unha bóla.

Prequentamos o forno a 180º mentres colocamos a masa no molde do panettone e facémoslle unha cruz cun coitelo na parte superior.

Levamos ao forno 30 minutos e, se vemos que se queima pola parte superior, cubrímolo cun pouco de papel de aluminio.

Finalmente, retiramos o panettone do forno e deixámolo arrefriar varias horas para que a masa non baixe. E listo! A gozar deste panettone caseiro!

738