Como facer o mellor flan de queixo caseiro do mundo

Esa sobremesa tan práctica que sempre conquista e gana co sabor do Pastoreo Larsa

Notas de interese / Consellos

A que Larseiro non lle gusta un bo flan? Nós temos o noso favorito, como non! O Flan de Queixo. A receita é moito máis doada do que parece e todos os ingredientes poderalos atopar no teu supermercado de confianza. Antes de comezar, prepara os envases nos que vas depositar o Flan de Queixo. É mellor que uses varios e de pequeno tamaño, así evitarás que se seque e quedará máis cremoso. Dividiremos a receita en dous partes, a primeira a elaboración do flan en si; a segunda, a do caramelo, unha parte esencial e moi saborosa do flan.

Alérxenos

Lactosa, ovo

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

(Para 6 racións)

Para o flan:

Para o caramelo:

  • 100 g de azucre
  • 30-40 ml de auga quente
  • 1 culler de sobremesa de zume de limón

Elaboración

Sabes de onde vén a receita do flan? Non, non o inventaron as avoas. O flan ten a súa orixe na antiga Roma, época na que se comezaron a facer elaboracións con ovos de galiña. Tras moitas variacións, é a partir do século VII cando a receita do flan comeza a estenderse, sendo os franceses os que o denominaron como creme renversee au caramel, a sobremesa estrela que coñecemos hoxe en día como flan. Chamémolo coma o chamemos, o flan segue sendo a sobremesa favorita de pequenos e maiores, así que compartímosche os mellores trucos e consellos para que poidas facer o mellor flan de queixo caseiro do mundo. Estás preparado? Estes son os pasos que tes que seguir:

Para preparar o caramelo, o primeiro que debes facer é mesturar nun cazo a lume medio o azucre cun pouco de auga e zume de limón. Remexe amodo e con utensilios de metal. Unha vez que colla cor dourada, bota a auga restante.

Cando o caramelo teña unha cor máis dourada, vérteo nos recipientes individuais. Xíraos lixeiramente para estender o caramelo polo fondo e os lados antes de que arrefríe.

E agora é o momento de comezar coa preparación do flan! Pon o forno a quentar a 160 graos, calor arriba e abaixo e a bandexa na zona media.

Agora si, con axuda duns batedores de varas, mestura os ovos co azucre. Unha vez que teñas esa mestura, engade o queixo. Se aparecen algúns grumos, pode ser porque o queixo non estea a temperatura ambiente, pero se continúas batendo suavemente iranse disolvendo.

Agora que temos nun recipiente os ovos, o azucre e o queixo ben mesturados (e cun aspecto homoxéneo), engádelle o leite e continúa batendo co batedor de varas para poder gozar do mellor Flan de Queixo caseiro.

Verte a mestura nos moldes que tiñas previamente preparados co caramelo e deixaos nunha bandexa de forno o suficientemente profunda para facer os flanes ao baño María. Tranquilo Larseiro, agora saberás como facelo.

Enche a bandexa do forno con auga ata que esta cubra a metade dos moldes para poder realizar o famoso baño María. Xa só queda esperar e vixiar que a auga non se evapore.

Deixaremos os nosos flanes no forno durante 45 minutos ou unha hora. Para saber se están listos e poder retiralos da calor, picamos cun escarvadentes un deles. O escarvadentes ten que saír limpo.

Podes gozar deles xa? Nooon! Deixa que se arrefríen completamente e méteos na neveira durante unhas 4 horas para que estean perfectos para o seu consumo.

E agora si, goza do mellor flan de queixo caseiro do mundo con quen ti queiras. Bo proveito!

1372