Como facer a mousse de limón máis fresquiña e cremosa

Para gozar dunha sobremesa fresca e cremosa só precisas dun limón… E de Larsa!

Notas de interese / Consellos

Tan só precisas de 4 ingredientes e 15 minutos do teu tempo para sorprender a túa familia ou convidados cunha sobremesa con sabor a días de verán. Agora que chega a calor, é o momento de gozar desta receita que refrescará as túas sobremesas ou as túas merendas. Queres un consello? Proba a ter varios recipientes pequenos, pon no seu interior unha galleta e coloca enriba a mestura da mousse de limón. Unha explosión de sabor! Larseiro, xa non tes escusas para fuxir da repostería, máis fácil imposible, aquí o tes.

Alérxenos

Lactosa, cítricos

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

(Para 6 persoas)

Elaboración

O primeiro paso que faremos para gozar da nosa mousse de limón será montar a nata cun batedor de varas ata que estea firme. Como tip, podes meter o brik no conxelador uns 10 minutos para que estea ben fría.

Nun recipiente deposita o iogur, o leite condensado e o zume de medio limón axudándote dunha espátula. Remove ben e de forma envolvente estes ingredientes para evitar que queden grumos.

Unha vez que teñas por unha banda a nata montada e por outra o bol ou recipiente co resto de ingredientes, é o momento de unilo todo. Axúdate da espátula e mestura ben a nata co resto de ingredientes ata que teña unha consistencia similar a unha mousse (ten que estar cremosa, non líquida).

Cando teñas todo ben mesturado serve a mousse en recipientes pequenos e méteos na neveira. Tranquilo Larseiro, xa queda menos para saborear a nosa mousse ;-)

Xa está fría? Antes de meter a culler e gozar do máximo sabor, aínda podemos melloralo e engadir améndoa moída ou mesmo un pouquiño de marmelada caseira. Riquísimo! E xa se lle poñemos na base unha galleta… Sen palabras!

1213