Pementos de Padrón recheos de queixo

Pique ou non, en cada bocado un pracer!

Notas de interese / Consellos

Os pementos de Padrón son unha pequena xoia culinaria de Galicia que garda sorpresa co seu picante. Por iso é recomendable combinalos cun recheo suave. Busca que Queixos Larsa funcionan mellor co teu padal, aínda que recomendamos apostar por sabores profundos para que cada bocado lémbrese.

Alérxenos

Lácteos.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

Para comezar, examina os pementos de Padrón en busca de impurezas, que podes eliminar con axuda dun coitelo. Lávaos con auga fría e sécaos cun trapo.

Abre os pementos de Padrón ao medio cun coitelo e evita rompelos durante o corte.

Retira as sementes do interior dos pementos cunha culleriña pequena. Coloca os pementos sobre unha fonte para forno con papel vexetal.

A continuación, prequenta o forno a 180ºC con calor por arriba e por baixo. Retira o Queixo Fresco Larsa e a Crema de Queixo San Simón Afumado Larsa da neveira.

Pica moi fino o allo. Despois, engade o allo a un cunco con Queixo Fresco e a Crema de Queixo San Simón Afumado Larsa.

Bate todos ingredientes con suavidade ata integralos. Asegúrate de que a masa conta co menor número de grumos posible.

Enche cada pemento cunha cullerada da mestura, sen excederse. Rega os pementos con aceite e esparexe sal sobre eles.

Cociña no forno durante 10 minutos, vixiando que o queixo se doure e os pementos non se queimen. E listo, a gozar!

586