A receita de empanada de lacón con grelos, chourizo e queixo tetilla Larsa de Teresa

A empanada non ten que ser sempre de bonito, deixa voar a túa imaxinación e goza

Notas de interese / Consellos

A masa é ao gusto, eu unha veces fágoa con masa de empanada ou de follado

Alérxenos

Lactosa, glute

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

Cocer os grelos, deixar escorrelos ben e arrefriar.

Mellor facelos a noite anterior para que estean máis secos e non mollen o follado.

Estirar o follado e poñelo sobre papel de enfornar.

Cortar os grelos e poñelos por todo o follado. Seguidamente poñer por encima o lacón cortado.

Picar o chourizo e poñer encima do lacón.

Tapar todo co queixo de tetilla Larsa.

Por último estender a outra lámina de follado e poñer por encima, pechar ben por todo o arredor da empanada e facer un buraco no medio para que saia o vapor e pintar con ovo batido.

Poñer o forno a 220º e cando estea meter a empanada na segunda reixa empezando por abaixo e deixala ata que estea ben dourada. E a comer!!!

1428