Receita de galletas caseiras con manteiga Larsa

Almorzar unhas galletas caseiras cunha cunca de leite Larsa… Os sabores de sempre, non se nos ocorre un plan mellor!

Notas de interese / Consellos

As galletas caseiras son algo que todo Larseiro ten no seu“ top” de favoritos. Tanto ten se son de anacos de chocolate, se levan marmelada ou mesmo coco esmiuzado por enriba … Sexa da forma que sexa, as galletas son algo ao que ninguén pode dicir que non. Irresistibles! E coma en Larsa somos moi de propor plans, que che parece aproveitar unha tarde chuviosa de fin de semana para preparar unhas galletas caseiras? Dálle ao coco e discorre como decoralas!

Alérxenos

Glute, lactosa, ovo

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 250 g de manteiga a temperatura ambiente
  • 2 ovos
  • 150 g de azucre
  • 350 g de fariña de trigo
  • 1 cullerada de esencia de vainilla

Elaboración

Corta en dados a manteiga, deposítaa nun bol e engádelle o azucre. Lembra que o ideal é que a manteiga estea a temperatura ambiente para que traballar con ela sexa moito máis fácil.

Cando a mestura de manteiga e azucre estea ben integrada, engade os dous ovos e a esencia de vainilla. Volve mesturar ata que a masa quede, de novo, homoxénea.

Chega o momento de engadir a fariña! É importante que a barutes, é dicir, que a pases por unha peneira de malla fina.

Cunha culler de madeira mestura a fariña peneirada coa masa anterior (manteiga, azucre, vainilla e ovo) ata que quede totalmente homoxénea.

Se precisas mesturar coas mans… Adiante!

Unha vez lista a masa, envólvea en papel filme e métea na neveira durante 2 horas aproximadamente.

Unha vez pasado ese tempo, verás que a masa aumentou o seu tamaño lixeiramente. Espolvorea un pouco de fariña sobre a mesa e estende a masa para que poidas cortala.

Se queres, podes empregar moldes con formas orixinais para facer as túas galletas ou simplemente cortar a masa en pequenas porcións coa axuda da boca dun vaso, ou unha taciña se as queres máis pequenas.

O enfornado! Co forno quente a 180º, enforna as galletas na parte media durante 10 minutos. Pasado este tempo, déixaas arrefriar sobre unha reixa.

Listas para comer! Podes mollalas nun tazón de leite Larsa ou facelas de todos os sabores que queiras, só tes que incluír o ingrediente extra na masa… E listo ;-)

1069