Para comezar, pela e corta todas as verduras en anacos pequenos. Parte o brócoli, quedando soamente coas poliñas.
Nunha pota a lume medio bota un pouco de aceite de oliva para dourar o allo, o allo porro e a cebola.
Cando se douraron os ingredientes, agrega á pota a pataca, o brócoli e medio litro de auga a lume medio-alto ata que rompa a ferver. Engade sal.
Reduce a lume medio e deixa cocer as verduras uns 10 minutos, ata que comecen a estar tenras. Podes comprobar o seu punto picándoas cun garfo.
Corta o queixo Arzúa-Ulloa en dados pequenos.
Incorpora o queixo previamente cortado e a nata e cociña os ingredientes durante 5 ou 7 minutos. Retira a pota do lume cando o brócoli e a pataca estean ben cocidos.
Tritura a verdura con suavidade ata conseguir unha mestura suave e homoxénea.
Rectifica de sal, engade pementa ao gusto á crema e espera a que se amorne. Arrefría un par de horas a túa crema de queixo de Arzúa-Ulloa e brócoli na neveira para consumila fría.
Serve a crema cun chorriño de aceite de oliva e, se queres, cubos pequenos de queixo de Arzúa-Ulloa, para engadirlle textura ao teu prato. Bo proveito!
© 2025 All Rights Reserved.