Torta de Queixo fría

Sinxela, sen forno e cremosa. A sobremesa perfecta para un día de calor

Notas de interese / Consellos

Doce, cun suave sabor ao mellor queixo Larsa, unha base crocante de galleta e fresquiña para os días de calor… Que máis lle podes pedir a unha sobremesa? Presentámosche a nosa Torta de Queixo fría, sinxela e sen forno, só tes que ter en conta unha norma: respectar escrupulosamente o tempo de arrefriado no conxelador. O demais, carne sen ósos! Para esta receita precisarás un molde para tortas alto, de polo menos 10 centímetros de profundidade.

Alérxenos

Lactosa, Glute
Torta de queixo fría, a receita perfecta para os días de calor

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

Sabémolo. O queixo é un dos ingredientes favoritos dos nosos queridos #Larseiros. E como en Queixería Larsa temos queixos para todos os gustos e todas as receitas, hoxe propoñémosche unha co noso Queixo Fresco Larsa: lixeiro, saboroso, versátil e o centro desta receita de Torta de Queixo fría, unha sobremesa ideal para unha celebración ou para gozar en familia calquera fin de semana. E ademais, combina o noso Queixo Fresco cun toque a limón, que lle achegamos cos nosos Iogures con Leite de Pastoreo sabor Limón, e a cremosidade da nosa Nata para Montar Larsa. Un xenuino trío de ases! Hai quen cobre esta torta cunha capa de marmelada de froitas, aínda que para nós está deliciosa sen nada máis. A elaboración é ben sinxela e rápida, pero coma sempre, deixámosche os pasos para que non te perdas. De nada! ;)

Antes de nada, hai que preparar a base da torta, coas galletas e a manteiga derretida. Esmaga ben as galletas nun bol. É importante que as desfagas ben e de xeito uniforme, podes usar se queres un morteiro.

Engade a manteiga derretida pero sen que chegue a estar líquida e mestúraa coas galletas ata que obteñas unha textura similar á area mollada.

Cobre o fondo do molde coa pasta de galletas e apértaa ben para que quede compacta e o máis lisa posible. Mete o molde ni frigorífico durante polo menos 10 minutos.

Mentres a pasta se endurece, disolve a xelatina seguindo as indicacións do envase e deixa que arrefríe.

Entre tanto, verte a Nata para Montar Larsa ben fría nun bol e engade o azucre. Bate cun batedor de varas ata que a nata estea premontada, densa e cremosa pero sen chegar á consistencia do montado tradicional.

Agrega á nata os iogures sabor Limón, o Queixo Fresco Larsa e a xelatina xa fría. Mestura ben todos os ingredientes co batedor de brazo a velocidade suave.

Envorca a crema sobre a base de galleta, alisa ben e mete o molde no conxelador durante exactamente 2 horas.

Pasado este tempo, (Nin máis nin menos!), saca a túa Torta de Queixo do conxelador e déixaa repousar no frigorífico ata a hora de servir. Sinxela, verdade? Pois veña, estamos a agardar as túas fotos en Instagram.

1600