Marcamos a carne nunha prancha a lume forte. Cando estea ao noso gusto poñemos dous liscos de Queixo Larsa, tapámola e separámola do lume para conseguir que o queixo quede ben fundido.
Para o guanciale ou bacon o mellor é que sexa cortado en casa a coitelo. Marcámolo un pouco na prancha ata que quede crocante e saboroso.
Pasamos o pan estilo brioche pola prancha onde marcamos o guanciale. Previamente, retiramos a graxa que deixa, pero sen chegar a limpar de todo a prancha.
Un pouco de cebola frita, rúcula e a salsa que máis che guste.
E a gozar!
© 2025 All Rights Reserved.