Queixo en lonchas Clásico

O noso famosísimo Queixo en Lonchas Clásico, un aliado para sándwichs e pratos gratinados
O Queixo en Lonchas Clásico Larsa é un valor seguro; un queixo que está presente nos fogares galegos dende hai décadas. Por que? Porque é un queixo clásico elaborado con Leite de Pastoreo, de vacas que pacen en liberdade, o que lle dá unha personalidade propia
  • Valores medios por 125g
  • Enerxía:1461KJ (352Kcal)
  • Graxas:28,0g
    • das cales
    • Saturadas:18,9g
  • Hidratos de carbono:1,0g
    • dos cales
    • Azucres:1,0g
  • Proteínas:24,0g
  • Sal:1,2g
  • Calcio:800mg (100% VRN)
Leche de vaca, cuajo, sal, corrector de acidez (E-575), endurecedor (cloruro cálcico), conservante E- 1105 (procedente de huevo), fermentos lácticos (leche)
LONCHAS_LARSA_CLASICO_200G

Un punto de fundido que non ten rival

O sabor xenuíno de Larsa e unha textura perfecta para lograr o punto de fundido ideal para a preparación dos mellores sándwichs quentes. Por iso tamén acadou un lugar destacado nos receitarios de pratos gratinados, porque non ten rival. E por iso é un dos queixos en lonchas máis vendidos de Galicia. E cada día amplía as súas fronteiras.

Dispoñible na túa neveira para usalo en calquera momento

Presentámosche o noso Queixo en Lonchas Clásico nun envase con 10 lonchas para que poidas gardalo na túa neveira e desfrutar del en calquera momento, tan fresco e fundente coma se cho acabasen de cortar na túa chacinaría de sempre.

1071