Queixos Larsa con Leite de Pastoreo
Larsa é a primeira marca certificada de Leite de Pastoreo, o que producen as vacas que pacen no seu medio natural.
Por iso, os queixos con Leite de Pastoreo son máis cremosos e teñen ese sabor auténtico, tan de toda a vida: o noso famosísimo Queixo en Lonchas Larsa Clásico Cremoso, Lixeiro e Sen Lactosa e o Queixo Bóla, encarnado por fóra e suaaave por dentro.
En Larsa levamos case un século elaborando queixos, fieis á tradición e á receita de sempre. Porque cando un produto é bo, é mellor mantelo sen demasiados cambios. Esta aposta pola orixe converteu os nosos queixos con Leite de Pastoreo nun clásico dos lares galegos.
Cremas de Queixo
Se es dos que non se resiste a fundir os nosos queixos máis emblemáticos, as nosas Cremas de Queixo vanche encantar. Co sabor e fórmula de sempre, pero en dúas novas versións: Crema de Queixo Barra Larsa e Crema de Queixo San Simón Afumado. Dous produtos elaborados con Leite de Pastoreo que respectan a receita tradicional. Ideais ...
Queixo en lonchas Clásico
O noso famosísimo Queixo en Lonchas Clásico, un aliado para sándwichs e pratos gratinados
Queixo en lonchas sen lactosa
Goza de todo o pracer do Queixo en Lonchas con Leite de Pastoreo de Larsa sen renunciar a unha dixestión lixeira
Queixo en lonchas Lixeiro
Goza de todo o sabor do noso Queixo en Lonchas, pero adaptado a unha dieta sa e baixa en graxa.
Queixo Bóla
O noso mítico queixo redondo, encarnado por fóra e suave e tenro por dentro. E ademais, agora elaborado con Leite de Pastoreo!
Queixo barra semicurado
Un queixo coa cremosidade do leite de pastoreo Larsa pero co sabor dun semicurado
Queixo San Simón afumado en taco, listo para cortar
Goza do queixo San Simón Afumado en porcións, listo para cortar e petiscar e tan tenro coma o primeiro día
O toque diferencial do Pastoreo
O sabor dos queixos Larsa con Leite de Pastoreo é único, diferencial. Por que? Porque os elaboramos con Leite de Pastoreo, leite obtido de vacas que pacen felices no seu hábitat natural, nos mellores prados de Galicia, con pasto, espazo e auga abondos para se alimentaren ao seu ritmo, sen présa.
Así, grazas á colaboración dos nosos gandeiros, conseguimos esta materia prima de calidade excepcional coa que elaboramos queixos cremosos e cun sabor intenso e tradicional. Por iso Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada por SGS S.A., entidade líder en inspección e certificacións de calidade e cumprimento normativo.