O queixo en lonchas extragrosas é o ingrediente perfecto para utilizar en todo tipo de elaboracións. Grazas ao seu grosor, fúndese creando unha capa cremosa e saborosa perfecta para utilizar en pizzas, empanadas, sándwiches ou en calquera prato larseiro con gratinados. Engadirás ese toque que fará que as túas receitas sexan irresistibles!
Se es amante do exercicio, este queixo é para ti. É ideal para os larseiros que queren aumentar a súa inxesta de proteínas, xa que cada envase ten 58 gramos de proteínas e cada loncha ou ración achega 11,6 gramos de proteínas e 271 miligramos de calcio, o que che axudará a coidar dos teus ósos e músculos. Sen dúbida, o queixo perfecto para os que practican deporte de forma regular ou queren seguir un estilo de vida saudable.
© 2025 All Rights Reserved.