Receita de Biscoito de chocolate con iogur Cremosísimo
Un clásico da repostaría mellorado, ideal como sobremesa ou merenda para unha fin de semana #Larseira
Notas de interese / Consellos
Apetéceche un bo biscoito? Que gran clásico para merendar, de sobremesa ou como almorzo para empezar ben pero ben ben o día. E aínda por riba temos a mellor receita de biscoito de chocolate para que che saia ben esponxoso e cremoso. Adiviñáchelo? Este é un biscoito de chocolate con iogur, pero non calquera iogur, un Cremosísimo de Larsa natural co que conseguirás a mellor textura posible para o teu biscoito e o sabor de sempre, o do Leite de Pastoreo. E, lembra, Nada como os nosos vasiños de iogur para as medidas! Só che damos un consello especial: Unha vez que o enfornes, non abras o forno ata que pasen 35 minutos!
Alérxenos
Lactosa, Ovo, GIute
Que produtos Larsa precisas para facer a receita?


Ingredientes
- Un Iogur Cremosísimo Natural Larsa con Leite de Pastoreo
- 3 ovos a temperatura ambiente
- 3 vasos de iogur Larsa de fariña
- 2 vasos de iogur Larsa de azucre
- 2 vasos de iogur Larsa de cacao en po
- 120 g de Manteiga Tradicional Larsa
- 1 sobre de fermento en po