A receita da copa “mousse” de amorodos, xelatina e nata de Monika

Ímonos deixar levar pola boísima pinta que ten esta sobremesa… Fáisenos a boca auga e estamos desexando preparala!

Notas de interese / Consellos

Para que os amorodos non floten e queden fermosos na xelatina, o ideal é deixar que calle un pouquiño a xelatina antes de engadilos.

Alérxenos

Glute, lactosa

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 500 ml de nata para montar de Leite Larsa
  • 100 g de azucre
  • 500 ml de auga
  • 1 sobre de xelatina de amorodo
  • Amorodos, améndoas e chocolate para decorar

Elaboración

Preparamos a xelatina de amorodo cumprindo as indicacións do fabricante. Desa xelatina separamos 200 ml e deixámola arrefriar no frigo para que calle só un pouquiño.

O resto da xelatina deixarémola a temperatura ambiente e reservamos para a mousse. Unha vez callen eses 200 ml (máis ou menos ata que estean semilíquidos) engadímoslle amorodos partidos en cadrados e enchemos a copa.

Poñerémola sobre un molde ou algo similar que permita deixar a copa inclinada e deixamos que calle completamente no frigorífico.

Unha vez callada a xelatina preparamos a mousse, montando a nata co azucre.

Cando teñamos a nata xa montada, engadimos a xelatina que tiñamos reservada.

Importante: esa xelatina ten que estar fría, non debemos mesturar en quente, ademais de que é importante que non estea callada de todo. Se iso sucede, podes quentala uns segundos no micro.

Mesturamos a nata e a xelatina suavemente, enchemos as copas e deixámolas na neveira un máximo de 2 horas.

Decoramos ao noso gusto… E listo.

809