Torta de Santiago con nata para montar Larsa

Imaxinas unha Torta de Santiago rechea de nata? Témola! E, por suposto, é de Larsa.

Notas de interese / Consellos

A mellor recomendación que podemos dar é que empregues un molde que sexa doado de desmoldar. Se é cun diámetro de 24 centímetros, mellor, así sairá unha masa fina e saborosa. E, Larseiro, non esquezas a silueta coa Cruz de Santiago, aínda que se non a tes sempre podes decorar a torta ao teu gusto co azucre en po. Bótalle imaxinación!

Alérxenos

Glute, lactosa, froitos secos

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 250 g de améndoa moída crúa
  • 5 ovos
  • 1/2 litro de nata para montar Larsa
  • 250 g de azucre
  • Raspadura dun limón
  • 1/2 culler pequena de canela
  • 1/2 cullerada de manteiga tradicional Larsa (para engraxar o molde)
  • 50 g de azucre en po para adornar a torta

Elaboración

O primeiro que tes que facer é prequentar o forno a 180º. Mentres vai collendo temperatura, mesturamos nun bol as xemas dos ovos, a raspadura do limón e o azucre (só unha cullerada). Mestura todo moi ben ata que quede esponxoso.

Engade á mestura as améndoas moídas e a canela, bate de novo para integrar todo ben e resérvao.

Noutro bol, mestura as claras dos ovos co resto do azucre e báteo ata que quede a punto de neve. Podes usar unha batedora eléctrica ou facelo de forma manual cun batedor de varas, o que ti prefiras!

Incorpora aos poucos as claras montadas no bol que tiñas reservado coas xemas e o resto de ingredientes. Remove suavemente para integrar de forma homoxénea as dúas texturas.

Usa a manteiga para engraxar o molde e que a masa non se pegue. Deposita toda a mestura no molde… E ao forno durante 40 minutos!

Unha vez que pase ese tempo, retira o molde do forno e déixao que arrefríe. Non desmoldes mentres estea quente xa que pode romper a estrutura da elaboración.

Mentres se arrefría, aproveita a montar a nata Larsa cun pouco de azucre e reserva.

Unha vez que a torta estea fría, desmóldaa, córtaa pola metade (horizontal) e énchea coa nata de montar Larsa co azucre.

Finalmente, decóraa ou ben coa Cruz de Santiago e con azucre en po ou coa decoración que ti queiras. Non hai límites para a imaxinación nin para o bo comer ;-)

659