A receita de torta de arroz con leite de Teresa

Unha variante deliciosa para a sobremesa favorita de moitos larseiros

Notas de interese / Consellos

Esta receita está pensada para sacar todo o poder do teu robot de cociña, pero se queres facelo dunha forma máis tradicional, na sección de “Receitas” tes moitas variantes.

Alérxenos

Lactosa, glute

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 200  gr. galletas de canela
  • 100  gr. manteiga fría
  • 180  gr. arroz redondo
  • 1.500  gr. leite
  • 1 ou 2 ramas de canela
  • Pel dun limón
  • 200  gr. azucre
  • 200  gr. nata montar ou cociñar
  • Anís ou gotitas aroma (Opcional)
  • 2 sobres de callada
  • Canela

Elaboración

Moer as galletas con golpes de turbo. Engadir a manteiga fría (100 gr.), 15 seg. vel.6.

Cubrir a base dun molde desmontable duns 23 a 26 cm., alisar ben e levar á neveira.

Sen lavar o vaso do robot de cociña, inclúe o arroz, leite, rama de canela e a pel do limón, 45 min., 90º C, vel. 1, viro á esquerda.

Quitar a canela e a pel do limón. Engadir o azucre, nata, manteiga (50 gr.), anís e callada, mesturar 5 seg. vel.4. e despois, 10 min., 90º C, vel. 2 e 1/2.

Verter sobre as galletas, tapar con filme pegado á superficie, deixar amornar e levar á neveira unhas horas.

E finalmente, espolvorea con canela en po.

901