Receita de madalenas de iogur

O almorzo (ou merenda) máis cremoso cun sabor moi larseiro

Notas de interese / Consellos

Para garantir o máximo sabor nesta receita tan larseira, o ideal é que todos os ingredientes estean a temperatura ambiente para que sexa máis sinxelo traballalos. Unha vez que fagas as madalenas comprobarás que é unha receita moi doada e que ademais podes personalizalas ao teu gusto: Con nata, fíos da peladura dun limón… Pon a proba a túa imaxinación!

Alérxenos

Glute, Lactosa, Ovo
Receita de madalenas de iogur

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 3 Ovos
  • 175 g Fariña de biscoitos
  • Fermento
  • 180 g Azucre
  • 125 g Aceite vexetal ou de oliva suave
  • Sal
  • 1 Iogur Cremosísimo Natural Larsa
  • Extracto de vainilla
  • Nata de montar Larsa (opcional)

Elaboración

Nun bol batemos os ovos e o azucre axudándonos dun batedor de varas durante uns 5 minutos (ou ata que a mestura adquira unha cor esbrancuxada).

Engadimos o iogur e o aceite e seguimos batendo amodiño.

Incorporamos a fariña co fermento e o sal. Neste caso, coa axuda dunha espátula, realizamos movementos envolventes ata obter unha crema homoxénea.

Cando teñamos a mestura lista, tapámola e metemos na neveira como mínimo durante unha hora.

Prequentamos o forno a 200º. Mentres tanto, vertemos a masa en recipientes aptos para repostería (cápsulas de papel, de silicona…)

Imos enchendo todas as cápsulas todas coa mesma cantidade de masa. O ideal é que máis ou menos deixemos un dedo e medio de espazo ata a beira.

Espolvoreamos un pouco de azucre na superficie de cada madalena antes de enfornar para conseguir o toque crocante.

Metemos as madalenas ao forno durante uns 15 minutos. Podes comprobar que están listas picándoas cun escarvadentes (se sae seco, están perfectas, se sae húmido ou con restos de masa, precisan un pouco máis de enfornado).

Quitámolas do forno e deixámolas arrefriar. Lembra que coa nosa Nata de Montar podes decoralas como máis che gusten.

Pon a proba a túa imaxinación e goza dun saboroso almorzo larseiro!

701