Croquetas de cocido

A receita perfecta co mellor sabor do Leite de Pastoreo

Notas de interese / Consellos

As croquetas son unha das receitas favoritas. As clásicas croquetas de xamón están moi saborosas, pero que che parece elaborar unhas croquetas de cocido? O cocido é un prato moi típico da gastronomía galega durante o inverno, pero sobre todo no Entroido. Podes aproveitar as sobras ou facer unha cantidade maior para poder elaborar unhas gustosas croquetas de cocido. Neste caso utilizamos só a carne, pero se tes uns grelos, non lle van nada mal. Se queres preparalas, segue lendo. Asegurámosche que están boísimas!

Alérxenos

Lactosa, Ovo, Glute

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 1 litro de Leite de Pastoreo Enteiro Larsa a temperatura ambiente
  • 4 culleradas ben colmadas de fariña
  • 150 g de carne de cocido (tenreira, costela, chourizo…)
  • 1 cebola mediana
  • 125  g de Manteiga Tradicional  Larsa
  • 2 ou 3 ovos batidos (para rebozar)
  • 500  g de pan relado (para rebozar)
  • Sal

Elaboración

En Larsa encantannos as receitas internacionais con sabor galego. As croquetas de cocido son unha adaptación da receita orixinal, que provén da cociña francesa. Hai moitas opcións diferentes para elaborar croquetas: De xamón, de queixo, de grelos ou de marisco, entre outras. Nesta ocasión non queriamos deixar pasar a oportunidade de darche os consellos para aproveitar o saboroso cocido que tes no frigo. É unha receita moi sinxela, na que é importante obter o punto óptimo, crocantes por fóra e cremosas por dentro. Segue os nosos pasos para elaborar unha gustosa receita que lles encantará a todos. Imos aló!

Hai que dourala a lume lento nunha tixola ampla cun pouco de manteiga. Uns 8 minutos, sen que chegue a queimarse. Non deixes que ferva nunca!

Cando a teñas lista, retira a cebola da manteiga. Agora pica a carne do cocido. Podes utilizar a que teñas a man: Chourizo, costela, xarrete de tenreira… É importante retirar a pel do chourizo.

Cando tes a carne picada, engádea á mesma tixola que utilizamos antes. Deixamos refogar a lume lento uns 5 minutos removendo de cando en vez sen que a carne chegue a endurecerse.

Agrega a fariña, sen subir o lume. É importante que non se formen bolborotos, polo que mellor peneira a fariña e non deixes de remover a mestura cun batedor de varas. Cociñamos durante uns 7 minutos.

Ca primeira pasta lista, engade aos poucos o leite a lume baixo. Hai que ter coidado cos bolborotos, así que seguimos removendo sen parar co batedor de varas. Temos que elaborar unha masa homoxénea e dura, vai dosificando o leite e revolve ata esgotar a cantidade que marca a receita.

Engade un chisco de sal. Non te pases! Logo podes rectificar segundo o sal que achega a carne. Sube o lume para que a bechamel comece a ferver, ata que chegue a cocerse, sen deixar de remover en ningún momento. Saberás que a bechamel está perfecta cando as burbullas son grandes e teñas dificultade para remover a masa.

Nunha bandexa plana estendemos a masa e deixamos que arrefríe polo menos 3 horas para que termine de solidificarse. Se queres darlle forma ao día seguinte, mete a masa na neveira cubrindoa con papel filme. É importante que non se humedeza.

Para darlles forma, utiliza dúas culleres grandes ou as mans. O mellor é que antes de tocalas reboces a masa en pan relado. Así non se che quedarán pegadas. Podes facelas alongadas ou redondas, o que che sexa máis fácil. Cando as teñas, reboza en ovo para darlle unha última capa de pan relado antes de fritilas.

Nunha tixola coloca a cantidade suficiente de aceite para cubrir as croquetas. Cando teñas o aceite ben quente, frítimos as croquetas. É importante que estea quente, así evitarás que abran. Déixaas escorrer en papel de cociña e, a gozar das túas croquetas de cocido! Frías ou quentes, están boísimas!

1184