Xeado caseiro de limón sen lactosa

A sobremesa perfecta para sobrevivir á calor do verán ou poñer a guinda dixestiva a unha boa comida

Notas de interese / Consellos

O xeado sen lactosa caseiro é unha preparación sinxela, pero precisa certa dedicación, sobre todo nas primeiras horas de conxelación se non dispós dunha xeadeira. Necesita polo menos 6 horas de conxelador e que o batas cada media hora durante as primeiras dúas. Ademais, necesitarás que a nata estea ben fria para montala ben. Con este xeado caseiro de limón sen lactosa terás para entre 6 e 8 persoas. E se prefires outro sabor, podes facer esta mesma receita con Iogur sen lactosa Natural Larsa, Iogur sen lactosa Sabor Amorodo Larsa ou Iogur sen lactosa Sabor Vainilla Larsa

Alérxenos

Helado sin lactosa de limón

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

Antes de nada, rela a pel do limón e reserva.

Retira o soro dos iogures e mestúraos nun bol co mel ou o azucre e bate cun batedor de baleas.

Engade o limón relado e volve bater, para distribuír ben a súa presenza e aroma.

Noutro bol aparte, monta nata con axuda do batedor de baleas. Lembra que a nata, e a ser posible, os utensilios que uses, debe estar ben fría.

Chega o momento de incorporar a nata á mestura de iogur!

Esta é unha operación delicada, así que faio en tres quendas e vai integrando as dúas mesturas con movementos envolventes para que a textura da nata montada se manteña.

Co mesmo coidado, introduce a crema nun recipiente de plástico con tapa. O ideal é que o contido encha o recipiente case ate o bordo.

Se o teu recipiente é demasiado grande e sobra espazo, podes empregar filme de plástico para adherilo á superficie do xeado, así evitarás que se forme xeada.

Tapa o recipiente e mete o xeado no conxelador. Se tes xeadeira, segue as instrucións do fabricante. Terá que conxelarse durante unhas 6 horas.

Para gozar dun xeado sen lactosa coa textura perfecta e sempre que non teñas xeadeira, cada media hora durante as dúas primeiras terás que sacalo do conxelador e batelo para evitar que se formen cristais e estea ben cremoso.

Saca o xeado do conxelador 15 minutos antes de servir. Distribúeo en recipientes individuais e decora cunha ou dúas folliñas de menta por comensal. E listo! Un xeado sen lactosa caseiro e delicioso!

1617