Brócoli con nata e queixo

Un sabor intenso de tempada!

Notas de interese / Consellos

Elixe o mellor momento do ano para elaborar esta receita e para iso aposta polo brócoli de inverno. Nesta época é cando esta verdura alcanza o seu mellor estado e presenta o perfil máis completo, tanto a nivel organoléptico como a nivel nutricional. Atopa o punto de cocción que máis che guste e evita que o brócoli se cociñe de máis. Mellor ao dente!

Alérxenos

Lácteos.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

Para comezar, limpa o brócoli con auga fría e elimina aquelas partes que poidan non estar en condicións óptimas para o cociñado.

Pon a cocer o brócoli nunha cazola con auga, sal e un chorro de aceite de oliva virxe extra.

Pica o brócoli con axuda dun garfo e asegúrate de que se atopa ao dente. Pon o brócoli para escorrer e reserva a verdura nun cunco aparte.

Pinta con Manteiga Tradicional un recipiente para forno con axuda dunha brocha. Coloca o brócoli no recipiente e esparexe pementa branca sobre el.

Engade a Nata para Cociñar ao recipiente para forno e cobre tanto a base como o máximo de brócoli.

Prequenta o forno a 180ºC con calor superior para favorecer o gratinado.

Esparexe noz moscada sobre a elaboración sen excederte, xa que podería anular o sabor do resto de ingredientes.

Cobre o perexil co Queixo en lonchas Clásico e introduce o recipiente no forno.

Cociña durante 25 minutos ou ata que o queixo estea dourado. Retira do calor e espera 5 minutos para servir, que aproveite!

1327