Bica galega

Un sabor inconfundible para conquistar!

Notas de interese / Consellos

A esponxosidade é unha das características máis emblemáticas da bica galega e sen ela este doce non sería o mesmo. Para conseguir esa textura tan especial, debe coidarse o amasado cando se integra a fariña. Sírvete de instrumentos de goma e realiza movementos suaves e envolventes, a présa non é recomendable.

Alérxenos

Ovo, glute.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

Antes de comezar, prequenta o forno a 170ºC con calor por arriba e por abaixo.

A continuación, casca os ovos nun cunco grande e engade o azucre. Mestura todo cunha batedora eléctrica ata que espume.

Enche unha pota grande con auga e pona a lume medio-alto. Coloca a manteiga nunha pota máis pequena e fúndea ao baño maría colocando a pota pequena na grande. Tamén podes fundila no microondas coidando de que non ferva, é importante manter a graxa da manteiga.

Engade a manteiga derretida aos poucos na mestura de ovos e azucre mentres bates sen parar. En canto remates coa manteiga, agrega nun fío a nata líquida.

Baruta a fariña e o fermento en po con axuda dun coador sobre a mestura da masa. Integra todos os ingredientes con coidado e en movementos envolventes servíndote dunha espátula de goma.

Para continuar, verte a mestura nun molde cadrado ou rectangular, como manda a receita tradicional. Previamente, unta o molde con manteiga e esporexe un pouco de fariña para que non se pegue a bica galega.

Cobre a superficie da masa con azucre antes de enfornar. Introduce a bica no forno e cocíñaa durante 40 minutos. Desmolda a bica cando estea completamente fría. A gozar!

1287