Limpamos moi ben as luriñas, separando as patas do corpo e retirando os refugallos. Lavamos con abundante auga para eliminar os restos de area.
Poñemos a quentar un pouco de aceite nunha tixola. Cando estea quente, engadimos a cebola e o allo picados. En canto estean pochados, engadimos as luriñas limpas e troceadas. Cociñamos durante uns 6-7 minutos a lume medio.
Engadimos os 100 ml de viño branco e o sobre de tinta de lura.
Integramos todos os ingredientes e deixamos que se cociñen xuntos durante uns 10 minutos para que se reduza o caldo. Reservamos.
Comezamos a elaborar a bechamel. Para iso, poñemos a quentar os 80 mg de Manteiga Larsa noutra tixola. En canto estea quente, engadimos os 60 g de fariña, mesturamos cun batedor de varas e refogamos ben.
Vertemos o leite aos poucos sen deixar de remover. Sazonamos con sal, pementa e noz moscada. Deixamos que se cociñe durante 10 minutos removendo co batedor de varas.
Engadimos as luriñas á bechamel. Mesturamos e deixamos que se cociñe outros 10 minutos.
Pasamos a masa a unha fonte ou recipiente e deixamos repousar ata que se arrefríe. Tapamos a fonte con papel filme e introducímola na neveira durante 24 horas.
É hora de facer as nosas croquetas. Collemos pequenas porcións de masa, dámoslles forma redonda, pasámolas por fariña, ovo batido e pan relado.
Cubrimos de aceite a tixola na que vaiamos fritir as nosas croquetas. Quentamos a lume medio. Cando o aceite estea quente, engadimos as croquetas previamente pasadas por fariña, ovo e pan rallado.
Nun prato ou fonte, deixamos preparada unha servilleta de papel para ir retirando as croquetas sobre ela, eliminando o exceso de aceite. Cando as croquetas estean cociñadas polos dous lados, retirámolas da tixola e imos introducindo as novas. A gozar!
© 2024 All Rights Reserved.