A receita de crema de chocolate con caqui e coco, cuberta de nata e piña deshidratada de Lidia

Vendo a foto… Non nos podemos resistir a probar esta fabulosa sobremesa!

Notas de interese / Consellos

O chocolate é rico en antioxidantes, o coco rico en vitaminas e minerais, e a nata, como derivado lácteo que é, achéganos, entre outras cousas, vitaminas liposolubles. O caqui destaca polo seu contido en beta caroteno. Cantos nutrientes xuntos nunha copa deliciosa e con sabor tropical!

Alérxenos

Lácteos, froitos secos

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 2  caquis maduros
  • 10  gr. de améndoa moída
  • 10  gr. de coco relado
  • 15  gr. de cacao puro en po
  • Nata de montar Larsa
  • Cacao en po para decorar
  • Piña deshidratada

Elaboración

Pelar e partir os caquis.

Triturar os caquis e incorporar o cacao e o coco relado. Engadir a améndoa moída.

Bater a nata e incorporar azucre ao gusto.

Montar a copa cun pouco de crema de chocolate, engadir nata e decorar con cacao en po e anaquiños de piña deshidratada.

1254