Receita de brownie de chocolate

A receita máis saborosa que encantará por igual a maiores e pequenos

Notas de interese / Consellos

O brownie de chocolate é un postre que goza de gran fama internacional, aínda que naceu por erro dun cociñeiro que esqueceu engadir lévedo a un biscoito de chocolate. Agora, converteuse nun dos nosos postres preferidos e co toque da Manteiga Tradicional Larsa aínda máis, xa que lle da un toque cremoso moi especial.

Alérxenos

Lactosa, Ovo, Glute

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 180 g de Manteiga Tradicional Larsa
  • 3 ovos talla L
  • 200 g de azucre peneirado
  • 90 g de fariña peneirada
  • 140 g de chocolate negro
  • 100 g de chocolate con leite
  • 60 g de noces
  • Esencia de vainilla
  • Un chisco de sal
  • 6 galletas de nata e chocolate

Elaboración

Empezamos precalentando o forno a 180º e colocamos unha bandexa a media altura.

Forramos con papel vexetal un molde. Eu utilicei un de 20×20 cm.

Derretemos a manteiga co chocolate cortado en cachiños no microondas (en intervalos de 20 segundos e remexemos) ou nun cazo a lume lento.

Cando o chocolate está derretido, agregamos chocolate con leite e mesturamos ata que quede todo ben incorporado.

Noutro recipiente batemos os ovos co azucre e a vainilla e imos engadindo pouco a pouco a fariña peneirada.

Agregamos a esta mestura cunha espátula os chocolates e as noces en anacos e vertemos todo no molde.

Para decorar o noso Brownie, colocamos as galletas de nata e chocolate encima sen apertar.

Metemos o Brownie ao forno durante 30 minutos a 180º calor arriba e abaixo.

Deixamos arrefriar ata o dí­a seguinte e listo para papar, Larseiros!

586