Crema de grelos

Sabor 100% galego en cada cullerada!

Notas de interese / Consellos

Os grelos son unha verdura moi versátil en Galicia que se utiliza xeralmente como acompañamento, e caracterízanse polo seu sabor intenso. Por iso, é recomendable combinalos con alimentos de sabor suave para equilibrar o gusto do prato no teu padal.

Alérxenos

Lácteos.
receta crema de grelos

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

En primeiro lugar, ferve os grelos nunha pota mediana con auga e sal.

Mentres cocen os grelos, comeza a picar a cebola e a pataca en anacos medianos e resérvaas nun cunco.

Nunha pota a lume medio, funde a manteiga tradicional con aceite de oliva.

Refoga a cebola na manteiga ata que estea dourada e engádelle sal.

Agrega despois a pataca, o Leite de Pastoreo e deixa cocer todos os ingredientes durante 15 minutos.

Incorpora os grelos e cando estean ben cocidos bate a verdura con suavidade ata conseguir unha mestura suave e sen grumos.

7. Por último, rectifica de sal e engade pementa ao gusto á crema. Que aproveite!

1318