A receita do tronco de Nadal con buttercream de laranxa de Yolanda

Algúns doces non teñen que ser só de Nadal, non si?

Notas de interese / Consellos

Canto mellor batamos a manteiga, mais bo queda o recheo.

Alérxenos

Lactosa, glute

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Para o biscoito:

  • 6 xemas
  • 6 claras
  • 120 g fariña peneirada con lévedo
  • 120 g azucre

Para a crema de manteiga:

Para a cobertura:

  • 250 g de chocolate belga
  • 20 g de manteiga Larsa

Elaboración

Para facer o biscoito: Montamos claras e reservamos. Clarexamos xemas co azucre e engadimos as claras. Engadimos a fariña a poucos con movementos envolventes.

Prequentar o forno 10 min a 180º sobre placa con papel de forno.

Enrolamos e deixamos enfriar. Unha vez frio, recheamos e enrolamos de novo.

Picamos cun garfo e embebemos con leite.

Para facer a crema de manteiga: Batemos con potencia ata obter unha boa textura para o recheo. Engadimos a esencia de laranxa e volvemos a bater.

Chega o momento da cobertura: derretemos a manteiga e o chocolate ao baño maría e mesturamos ata homoxeneizar.

Cubrimos o brazo cortado a xeito de tronco e debuxamos a cortiza cun garfo.

1537