A receita de torta de queixo de María Encarnación

Non hai dúas persoas iguais e, polo tanto, tampouco dúas receitas de torta de queixo iguais. Hoxe… A torta de queixo “Concha”!

Notas de interese / Consellos

Suave torta de queixo con aroma de vainilla grazas a Leite Larsa

Alérxenos

Lactosa

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 3 ovos
  • 3 iogures de vainilla Larsa
  • 150 g de azucre
  • 150 g de fariña sen glute
  • 300 g de queixo crema
  • 2 culleradas de fermento

Elaboración

Nun bol e con axuda dun batedor de varas batemos os ovos, os iogures e o queixo crema. O queixo mellor telo un intre fóra da neveira para que funda mellor.

Coa axuda dun coador integraremos a fariña e o fermento aos poucos sobre a mestura anterior ata conseguir unha textura suave e homoxénea.

Se se fai moi pesado o batido a man podemos usar a batedora eléctrica pero sen abusar para que non quede moi lí­quida.

Pasaremos a mestura a un molde engraxado lixeiramente con manteiga ou con spray de enfornar e deixamos cociñar a 180 graos durante 35 ou 40 minutos.

Pasado este tempo probaremos picando cun coitelo, se sae seco estará no seu punto se non enfornamos 5 ou 10 minutos máis.

Deixaremos arrefriar e podémola servir con xeado de vainilla, con caramelo ou soa porque está deliciosa.

707