Nun bol amplo, mestura o Leite Enteiro de Pastoreo Larsa, a auga, os ovos, o anís se decides engadilo, o sal e a manteiga derretida pero non quente. Báteo todo cunha batedora
Tamiza a fariña e vai engadíndoa aos poucos a medida que a integras no líquido sen que se formen cadabullos
Unha vez feito o amoado, que é como se chama esta pasta, déixao repousar durante unha hora para que espese. É importante remover o amoado antes de comezar facelas na tixola. O amoado debe ser líquido. Se ves que engordou demasiado, podes engadir un pouco máis de leite ou auga
A mellor proba de se fai falta unha rectificación, será a primeira filloa que fagas, que normalmente é para quen a cociña, e serve non só para saber se están no seu punto de sal e fariña, senón para regular a temperatura
Pica o touciño cun garfo e pon a tixola ou filloeira ao lume. Frega o touciño sobre a superficie para engraxala
Antes de comezar coas filloas, quenta ben a tixola ou filloeira e prepara o prato no que amorearás as filloas ou freixós
Enche o cullerón de amoado e empeza a verter o seu contido sobre a tixola ou filloeira aos poucos, ata cubrir toda a superficie cunha capa fina
Deixa que se cociñe ata que os bordos empecen a despegarse, terás que agarrar a filloa por eses extremos coas dúas mans para darlle a volta sen queimarte
Tamén podes utilizar unha espátula ou a tapa dunha tixola ben engraxada para evitar que se pegue. Pero a mellor maneira son as túas mans, verás que é doado non queimarse
Unha vez probada esa primeira filloa (ás veces fan falta 2 ou 3) e axustada a liquidez da masa e a temperatura, só terás que repetir a operación e amorear as filloas nunha nun prato
Logo poderás enchelas con nata montada, chocolate, compota de froitos vermellos ou calquera outra combinación doce. Nós recomendámosche a versión tradicional: Botarlle azucre ou verter un pouco de mel, envolvelas e… A gozar!
© 2024 All Rights Reserved.