Crema fría de cogombro con iogur grego e menta

Crea as mellores receitas co noso novo iogur Galaikos!

Notas de interese / Consellos

As cremas frías son un recurso ideal para o verán, xa que son refrescantes e moi nutritivas. Para facer unha crema fría de cogombro con iogur grego Galaikos e menta doce e sen toques amargos, recomendámosche utilizar cogombros de pequeno tamaño e quitarlles as sementes antes de trituralos.

Alérxenos

Lácteos.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 2 ou 3 cogombros pequenos  
  • 1 Galaikos Natural  
  • 1 ceboliña  
  • 1 dente de allo  
  • 6 follas de menta  
  • Vinagre de mazá  
  • Aceite de Oliva Virxe Extra  
  • Sal  
  • Pementa negra  

Elaboración

Para comezar, lava ben os cogombros. Pélaos e córtaos pola metade.

Retira as sementes do interior do cogombro cunha culleriña. Cando remates de quitalas, parte o cogombro en dados.

Corta a ceboliña, a menta e pica o allo en láminas.

Pon todos os ingredientes nun vaso do batedor e agrega un chisco de sal, pementa negra, menta, tres ou catro culleradas de Aceite de Oliva e vinagre de mazá. Se o prefires podes substituir o vinagre por zume de limón.

Verte no vaso do batedor o noso iogur grego Galaikos Natural e tritúrao ben ata conseguir unha crema fina de cogombro e menta.

Se a densidade da crema é moi espesa, podes engadir auga ata lograr a consistencia que busques.

Refrixera a crema durante unhas horas na neveira para que arrefríe ben. 

Recomendámosche servir a túa crema de cogombro con iogur grego moi fría e se o desexas, podes decorala con láminas de cogombro e follas de menta. Bo proveito!

949