Non hai como remover un iogur Larsa para gozar dunha cremosidade totalmente diferencial no mundo dos iogures. Por iso e porque temos a gama de iogures máis ampla do mercado, tiñamos que ir máis aló e ofrecerche algo máis. Así é Galaikos Natural con Leite de Pastoreo, o iogur grego máis galego e co mellor sabor do mundo, o do Pastoreo Larsa. Ideal para quen goza a vida coma nos gusta facelo en Galicia: co estómago cheo.
En Larsa encántanos crear iogures con sabor natural para que os 100% Larseiros gocen da esencia dos nosos produtos e do sabor a leite de sempre ou os personalicen co que máis lles guste. Galaikos Natural con Leite de Pastoreo é perfecto para combinar con todo tipo de alimentos; froita fresca, deshidratada, froitos secos ou mesmo para entrar no Olimpo da repostería caseira cun biscoito extra esponxoso. Próbao tamén nos teus pratos con salsas, ensaladas ou gratinados!
© 2024 All Rights Reserved.