Para 6 persoas
Para gañar tempo, baleira os vasos de iogur naturais Larsa nun bol e usa un deles para medir vaso e medio de nata. Vértea nun cazo e rela sobre ela un anaco de 100 g de Queixo Bóla Larsa, elaborado con Leite de Pastoreo
Pon o cazo ao lume suave e remove cun batedor de baleas ata disolvelo completamente. Retírao e reserva mentres mesturas os demais ingredientes
Casca os ovos e engade o seu contido ao bol onde envorcaches os iogures. Agora volve utilizar os vasos de iogur para medir e engadir o Leite Enteiro Larsa, o azucre, a fariña, o queixo crema e, por último, a Nata para montar Larsa co queixo relado disolto
Podes ir prequentando o forno a 170º, xa estamos rematando! Cunha batedora de brazo, mestura ben todos os ingredientes ata que obteñas unha masa máis ou menos líquida e de cor amarelada
Utiliza un molde de forno redondo de bordo alto e engráxao ou cúbreo con papel vexetal para evitar que a torta se pegue. Verte sobre el o contido do bol
Mete a torta no forno sen baixar a temperatura durante os primeiros 5 ou 10 minutos con calor por arriba e abaixo e sen deixar de vixiala. Os tempos a miúdo cambian segundo o tipo de forno!
Cando vexas que a parte de arriba comeza a callar e os bordos da torta fórmanse, despegándose do molde, tes que baixar o lume a 130º e deixar que acabe de facerse, polo menos outra media hora. Se ves que está xa dourada e aínda lle falta tempo, baixa a temperatura a 100 º
Saca a Torta de Queixo do forno e déixaa arrefriar no molde. Deberás agardar a que amorne para desmoldala sen que rompa. Bo proveito!
© 2024 All Rights Reserved.