Iogur Natural
Un iogur natural co sabor auténtico do Leite de Pastoreo Larsa
O Iogur Natural con Leite de Pastoreo é o decano da nosa gama de iogures tradicionais e un dos favoritos dos amantes dos iogures e sobremesas lácteas de Larsa. O sabor xenuíno a iogur tradicional, como feito na casa, e a súa textura cremosa, típica do Leite de Pastoreo, conquistarán o teu padal dende o primeiro momento.
- Valores medios por 100grs
- Valor Enerxético:242KJ (58Kcal)
- Grasas:2,5 g
-
- do cal
- Saturadas: 1,7 g
- Hidratos de carbono:4,8 g
-
- do cal
- Azucres: 4,8 g
- Proteinas:4,0 g
- Sal:0,1 g
- Calcio:130 mg (16% VRN)


Un clásico, sempre na túa neveira
O noso Iogur Natural é un clásico que non falta nas neveiras de milleiros de familias que creceron con el. Só, con mel, con azucre, con froitas… Entrégate ao sabor diferencial de Larsa, a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada de Galicia.
Un alimento san na súa cantidade xusta
Un Iogur Natural Larsa contén o 16 % do calcio que unha persoa adulta precisa cada día e é perfecto e delicioso para a merenda dos nenos. Ademais, ten a cantidade xusta de iogur natural para facer máis esponxosos os teus biscoitos de iogur e usalo como vaso de medida!