Hidrata as follas de xelatina nun bol con auga fría durante uns 10 minutos.
Quenta 50 ml de nata líquida para montar co azucre glas nun cazo. Retíraa do lume antes de que rompa a ferver e incorpora as follas de xelatina hidratadas. Remove ata que se integren e disolvan ben.
Deixa arrefriar a mestura.
Mestura nun bol amplo os iogures Galaikos Natural coa nata xa temperada. Remove de novo con suavidade para eliminar posibles grumos e integrar ben os ingredientes.
Monta os 150 ml de nata restantes cun batedor manual ata que estea firme. É importante realizar movementos envolventes para que non se baixe.
Incorpora a nata montada para unir todos os ingredientes. Utiliza unha espátula e de igual maneira que no primeiro paso, realiza movementos envolventes para que non se baixe o aire. A consistencia debe ser cremosa e non líquida.
Serve a mousse en recipientes pequenos e lévaos á neveira durante unha hora como mínimo.
Mestura a marmelada de amorodo cunha cullerada de auga e cóaa cun coador fino para conseguir unha deliciosa salsa de amorodo para acompañar a túa mousse. Se o prefires podes agregar xarope de amorodo no seu lugar.
Retira os vasiños do refrixerador e cúbreos co xarope de amorodo e unha presa de froitos vermellos. Méteos na neveira durante 4 horas como mínimo. Se podes, déixaos toda a noite para que adquiran a consistencia ideal.
Remata a túa mousse do Nadal de iogur con froitos vermellos cun chisco de canela en pó e follas de menta para decorar. A gozar e Bo nadal!
© 2024 All Rights Reserved.