Salmón con Crema de Queixo

Procuras unha forma diferente de cociñar o salmón? Acompáñao cunha cremosa e deliciosa salsa de Crema de Queixo! Está para lamber os dedos!

Notas de interese / Consellos

A nosa receita de Salmón con Crema de Queixo é para 2 comensais. En caso de querer cociñar a receita para máis persoas, ten en conta que a ración de salmón por persoa é de 200 g e a cantidade de ingredientes é proporcional. Podes acompañar o salmón cunha guarnición de arroz ou champiñóns. Só tes que facelos aparte e engadilos ao final!

Alérxenos

Lactosa, peixe.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

O primeiro que imos preparar é a salsa con Crema de Queixo. Para iso, pica a cebola moi fina e resérvaa ata que sexa a súa quenda.

Pon unha tixola a lume medio coa manteiga e cando se derreta, engade a cebola previamente picada.

Saltea a cebola ata que colla unha cor dourada e engade a nata para cociñar.

En canto comece a burbullar, engade a Crema de Queixo Barra e deixa que se cociñe durante 3-4 minutos, sen deixar de remover.

Unha vez que a salsa espese, saca a tixola do lume, cúbrea cunha tapa e reserva.

É a quenda do salmón. Sazónaoo con sal, pementa e allo e coloca unha tixola ao lume cun pouco de aceite de oliva.

En canto o aceite estea ben quente, marca o salmón durante polo menos 3 minutos por cada lado.

Baixa o lume, dálle a volta ao salmón para cociñalo 4 minutos máis por cada lado, coa tixola tapada.

Unha vez cociñado o salmón polos dous lados, retírao da tixola, colócao sobre un prato e verte un pouco de salsa de Crema de Queixo sobre el. E listo!

1282