A receita de bica de mazá de Paula María

Tomar mazá non ten por que ser aburrido, ademais, con ela podemos facer grandes sobremesas!

Notas de interese / Consellos

Cando está case dourado meter un coitelo e se sae limpo é que está feito. Se sae pegada a mestura esperar 10 minutos máis e apagar. É un doce delicioso, espero que vos guste.

Alérxenos

Lactosa

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 2 iogures naturais Larsa
  • A medida 6 iogures de fariña
  • A medida de 2 iogures de azucre e
  • A medida de 2 iogures aceite de xirasol
  • 8 ovos
  • 2 sobres de fermento en po
  • Esencia de anís ao gusto
  • Pel dun limón
  • 4 mazás para encher nas por dentro e por fóra

Elaboración

Pasar todo pola batedora menos a mazá.

Untar un molde con manteiga Larsa e verter todo o contido.

Meter as mazás no fondo.

E despois, por encima, espolvorear con azucre moreno. O forno a 180 graos.

E listo! A papar # Larseiros

965