Rosquillas de Entroido
Un pracer redondo para a sobremesa con ese toque de anís que o fai irresistible
Notas de interese / Consellos
As rosquillas de Entroido (ou Melindres nalgunhas zonas de Galicia) son, se cadra, a sobremesa entroideira máis doada de facer, xa que non teñen grandes segredos. Nesta receita non aclaramos que aceite utilizar porque depende dos teus gustos. De todos os xeitos, hai quen prefire o de xirasol porque deixa menos sabor. Se prefires usar o de oliva, podes aromatizarlo fritindo primeiro nel unha pel de limón.
Alérxenos
Lactosa, Glute, Ovo
Que produtos Larsa precisas para facer a receita?


Ingredientes
- 500 g de fariña de repostería
- 2 ovos
- 90 ml de Leite de Pastoreo Enteiro Larsa
- 80 g de Manteiga Tradicional Larsa derretida
- 10 ml de anís.
- 80 g de azucre
- 1 sobre de fermento en po
- Aceite para fritir
- Azucre glas para decorar