Torta de queixo sen forno

A torta de queixo definitiva. Unha sobremesa sen forno, fácil de facer e co sabor de sempre.

Notas de interese / Consellos

A nosa recomendación é que utilices un molde que se poida desmoldar facilmente. Ademais, para conservar o queixo fresco en plenas condicións, procura que estea á súa temperatura ideal de 4 graos. O máis aconsellable é gardalo sempre na neveira e mellor se é na parte alta.

Alérxenos

Glute, Lactosa

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

A torta de queixo definitiva. Unha sobremesa sen forno, fácil de facer e co sabor de sempre. Digna de receita secreta, con esta torta de queixo fresco cativarás a todos os padais sen complicarte demasiado.

Curta en tacos os 100 gramos de manteiga Larsa. Méteos no microondas a máxima potencia durante 20-30 segundos. Bate cun tenedor ata conseguir o punto de pomada.

Tritura as galletas para conseguir unha textura areosa. Cando todos os anacos queden reducidos a polvo, pásaos a unha cunca e agrega a manteiga. Mestura ata obter unha pasta e déixaa repousar durante 15-20 minutos.

Pasado este tempo, cobre o molde coa pasta de galleta e manteiga realizada previamente. O máis recomendable é untar antes o molde cun pouco de manteiga para que non se pegue.

É hora de hidratar a xelatina. Para iso, pon en remollo as follas de xelatina nun bol con auga fría durante 5 minutos.

Mentres a xelatina se hidrata, pon a quentar a nata para montar Larsa nunha pota. Cando estea quente, introduce a xelatina. Mestura ben ata que se disolva.

Introduce a mestura de nata e xelatina, o queixo fresco e o azucre nun vaso de batidora e tritura.

Cando teñas todos os compoñentes mesturados, vérteos sobre a base de galleta. Deixa repousar na neveira durante 2 horas aproximadamente.

Coa torta xa callada, decora ao teu gusto coa marmelada de framboesa. Se queres, podes engadirlle froita cortada ou unhas follas de menta. E listo!

602